Ecos da Comarca/Lalín
Este venres rexistrouse un accidente na AP-53 á altura do municipio de Lalín. O 112 Galicia foi alertado por varios particulares sobre 10:45 horas.
"Foi á altura de Catasós, dirección Santiago, e tratouse dunha saída de vía", informa o 112. "Indicáronos que a muller e única ocupante do vehículo estaba liberada e accesible", engade e sinala que coche obstruía parcialmente o tráfico no carril dereito.
Con estes datos o 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias, a Emerxencias Lalín, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo de Mantemento da Autoestrada.
Comments