Ecos da Comarca/Agolada

A primeira hora desta mañá máis dunha persoa púxose en contacto con ECOS DA COMARCA para informarnos de que había un coche, que semellaba haber tido un accidente. O vehículo estaba fóra da vía xunto á PO-840 á altura da parroquia de Artoño, xusto ao lado da chamada "estrada vella de Artoño".
Tras contactar co 112 Galicia, este informounos que un particular os avisara pasados un minutos das nove desta mañá. "Indicábanos que había un vehículo no arcén, sen condutor e cunha fiestra aberta. Non sabemos se se tratou dun accidente ou simplemente dunha avaría", sinala o 112 Galicia. Aínda que pola foto e no lugar onde quedou todo parece indicar que se tratou dunha saída de vía. Ata o lugar, desprazouse a Garda Civil de Tráfico.
コメント