top of page

Rueda valora a “vontade do ministro de Industria de articular solucións” para a apertura de Altri

  • 10 oct 2023
  • 2 Min. de lectura

Laura Moure/Palas de Rei

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, valorou hoxe a “vontade de articular solucións” do ministro de Industria, Comercio e Turismo, Héctor Gómez, para garantir a viabilidade da planta de fibras téxtiles sustentables que a multinacional portuguesa Altri quere instalar en Palas de Rei. “Expuxéronse fórmulas e solucións viables”, recalcou o presidente, que trasladou que estas se concretarán nunha futura reunión a nivel técnico.

Durante a reunión que mantiveron ambos os dirixentes na sede do Ministerio, abordouse principalmente a situación do proxecto de Altri e a necesidade de que conte con financiamento de fondos europeos con axilidade e nun importe suficiente. Esta fábrica crearía 2500 postos de traballo, outros 10.000 para a súa construción e atraería un investimento total de 900 millóns de euros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O presidente autonómico e o ministro abordaron tamén a situación da planta viguesa de Stellantis, unha fábrica “fundamental, non só para a zona na que está instalada senón para toda Galicia”. Rueda mostrouse esperanzado respecto da posibilidade de que o segundo Perte para o vehículo eléctrico e conectado atenda as necesidades da maior factoría de coches de España.

Rueda e Gómez coincidiron na necesidade de actualizar a planificación de infraestruturas eléctricas, coa finalidade de que ningunha industria deixe de expandirse ou de instalarse en Galicia por falta da capacidade de distribución e evacuación necesaria.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por último, coincidiron na necesidade de autorización do parque eólico experimental que a Xunta, o Porto da Coruña e Rede Eléctrica Española expoñen en Punta Langosteira, e que servirá como banco de probas para unha forma de xeración eléctrica con potencial de crear en Galicia ata 10.000 postos de traballo.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page