top of page

Rouban unha vez máis o cable do alumeado na rúa Chousa Grande da vila silledense de A Bandeira

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O incidente volve deixar sen servizo a parte do tramo e os servizos municipais tratarán de repoñer o antes posible o cable, de aproximadamente 300 metros


Ecos da Comarca/Silleda

O alumeado da rúa Chousa Grande, que comunica na vila silledese da Bandeira a estrada N-525 ca zona escolar, volveu sufrír un novo roubo, tal e como informa o Concello. O tramo comprendido entre a estrada nacional e a rúa Esmorga leva varios días sen luz por mor dos amigos do alleo. Unha vez máis, a terceira nos últimos seis anos, roubaron o cable do alumeado.

Foto arquivo.

O incidente supuxo a desaparición de algo máis de 250 metros de mangueira, deixando sen servizo a todo o tramo. Dende o Concello de Silleda tratarase de repoñer novamente ese material para poder dar servizo o antes posible. “Lamentamos que unha vez máis este tramo se vexa afectado por un roubo”, indica o alcalde, Manuel Cuíña, que adianta que o servizo tratará de repoñerse en canto sexa posible.


Rotura do cadro por un sinistro

Por outra banda, na madrugada do pasado sábado, tivo lugar un aparatoso accidente na rúa Empanada, cun vehículo que se empotrou contra o cadro eléctrico que dá subministro a toda esa área.

"Dende os servizos municipais xa se está a traballar para repoñer o cadro o antes posible, dado que tralo accidente quedaron sin luz todo o tramo de Chousa Grande, a rúa da Empanada, acceso ao CEIP Ramón de Valenzuela e tamén o calello da Empanada", subliña o equipo de goberno.

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page