Rouban un bolso dun coche na parroquia dos Ánxeles, en Boimorto
- Laura Moure

- 13 feb 2023
- 2 Min. de lectura
Algunhas pertenzas apareceron tiradas na estrada que vai a Melide
Laura Moure/Boimorto
Temos que falar doutro roubo dun bolso que se atopaba no interior dun vehículo nas comarcas. Neste caso, sucedeu o pasado sábado ao mediodía no municipio de Boimorto.
"Roubáronme o bolso no coche xunto a igrexa dos Ánxeles de Boimorto. Algunhas cousas das que levaba na carteira aparecéronme tiradas na estrada que vai a Melide na cuneta esparcidas o longo de dous quilómetros aproximadamente", sinala a afectada, Noelia Modia Ares. "Tamén apareceu a carteira totalmente vacía sen ningún tipo de documento. Foi un ciclista o que me recolleu varias cousas".

O bolso da imaxe é o roubado e ademais polo outro lado ten un símbolo grande de cor branca. A afectada sinala que o máis importante que lle falta son o DNI e o carné de conducir. "Que supoño que estarán por aí tirados. Porque de atopalos alguén, quero pensar que mos farían chegar".
Neste caso, o vehículo estaba aberto porque a propietaria estaba preto do lugar. "Estaba 50 metros nunha finca vendo unhas vacas. E tíñao aberto. Foi todo moi rápido, nun visto e non visto porque fun o coche buscar penso paras as vacas e xa vin a porta mal cerrada", lamenta.
A afectada pide difusión para poder atopar ao menos a documentación e dúas chaves que levaba no bolso.
Cabe mencionar que en semanas pasadas falamos de roubos parecidos. Un bolso foi substraído xunto a igrexa de Visantoña (Santiso) tras romper unha fiestra do coche e outro fora roubado doutro vehículo na parroquia agoladesa de Val de Sangorza. Neste último caso, foi un veciño quen atopou o bolso tirado nunha cuneta na parroquia veciña do Sexo e a raíz da nosa noticia a propietaria puido recuperalo así como outras pertenzas que foron aparecendo tiradas.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Roubo dun bolso en Visantoña: https://www.ecosdacomarca.com/post/rouban-un-bolso-dun-coche-estacionado-diante-da-igrexa-de-visanto%C3%B1a-no-concello-de-santiso
Aparece un bolso tirado na cuneta no Sexo: https://www.ecosdacomarca.com/post/aparece-un-bolso-tirado-nunha-estrada-do-sexo-en-agolada-que-semella-que-foi-roubado
O bolso que aparece no Sexo fora roubado en Val: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bolso-que-apareceu-no-sexo-foi-roubado-o-venres-na-parroquia-veci%C3%B1a-de-val-de-sangorza







Comentarios