top of page

Rouban material de cobre e latón gardado nunha furgoneta que estaba nun garaxe de Melide

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O suceso ocorreu este domingo na parroquia de Maceda


Ecos da Comarca/Melide

Un melidense sinala que lle roubaron hoxe, domingo, sobre ás 17:00 horas o material de cobre e latón da súa furgoneta. Esta estaba no interior do garaxe da súa casa, na parroquia melidense de Maceda.


"Viunos unha veciña, pero escaparon", apunta o afectado, quen valora que o roubado, só en cable, pode ascender a uns 1.500 euros, pero aínda lle falta por valorar todo.


Pide a colaboración cidadá para poder dar cos ladróns. Se tes calquera dato podes comunicarte coa Garda Civil ou con este xornal a través do noso correo ecosdacomarca@gmail.com

A furgoneta onde estaba o material roubado,


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page