top of page

Rouban cinco quilómetros de fío de pastor nunha finca de millo en Palas de Rei

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

"O roubado pode ascender máis ou menos a 150 euros. A cantidade non é moito, pero si o traballo", lamenta David Rodríguez, o afectado


Laura Moure/Palas de Rei

O sector primario é vital e é imprescindible para a supervivencia do ser humano. Sen embargo, os gandeiros e agricultores reciben paus tras paus: precios baixos da leite, estragos do xabaril, perda de gando polos ataques do lobo... Pois se todo isto non fose suficiente a Ganadería Gómez S.C de Ribado, Cubelo, Palas de Rei, sufriu en días pasados un roubo.

A finca onde roubaron.

Tal e como sinala o afectado David Rodríguez Gavieiro roubáronlle cinco quilómetros de fío de pastor que tiñan para protexer o millo dos animais salvaxes na súa finca O Foro. "Non quedou nada. Este ano moito me castigaron", lamenta.


Ademais dos gastos hai que engadir as horas de traballo. "O roubado pode ascender máis ou menos a 150 euros. A cantidade non é moito, pero si o traballo", recalca.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page