top of page

Rosa Fernández gaña o 'gran escaparate' da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda

Laura Moure/Silleda

Este martes 26 de decembro a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) daba por rematada unha das actividades da campaña de Nadal xa máis que consolidada e que máis expectación xenera entre a veciñanza: o Calendario de Advento. 

Esta actividade consistiu nun sorteo diario do 1 de decembro ao 24 no que cada día se foi premiando a fidelidade dos compradores que apostan por facer as compras nestas datas no comercio local asociado.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A asociación ademáis convocou a todas e a todos os premiados nas xornadas previas a achegarse o día 26 ata o local do escaparate, ubicado na rúa Progreso, a recoller o seu agasallo xusto despois do derradeiro sorteo, correspondente ao día 24. A man inocente da pequena Vera Lázara, que axudou xunto con varias amigas en diversos dos sorteos diarios, elexiu unha papeleta do fondo da gran urna e deulle o premio a Rosa Fernández que, mediante a súa papeleta selada en Mamasunción, conseguiu o gran lote final consistente nunha morea de agasallos donados por varios dos socios de ECOS.


  • Unha freidora de aire de Milar Doar

  • Unha empanada de Panadaría Mella

  • Un vale de 25 euros para gastar en Dulce Deza

  • Un par de zapatos de nena de Os Teus Zapatiños

  • Unha sesión Indiba de Heia Fisioterapia

  • Un set de baño de Arcolar

  • Un smart watch de Movideza

  • Un xogo de tazas de Sargadelos de Camino Joyeros

  • Un cepillo térmico moldeador de Perrucaría Isabel Muiños

  • Un conxunto de roupa infantil de Outlet Colorín Colorado

  • Un tríptico de cadros de Muebles Varela

  • Un vale de 30 euros de Alfinete

  • Unhas gafas de sol de Óptica Silva

  • Un lote de libros de Edicións Fervenza

  • Un lote con xersei de Nadal de Trasdeza Oriental


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
  • Un vale para catro sesións de entrenamento personal de FC2

  • Un vale por unha sesión fotográfica en Valcaloura Estudio

  • Unha cesta de produtos de droguería e agasallo de Luisa Regalos

  • Un lote de chuches de Panadaría Codelas

  • Un anturio en flor de Eyo Flor

  • Unha caixa de botellas de viño de Debibián

  • E unha cesta de produtos de alimentación e bebidas de A Sacha

Rosa Fernández.

A gañadora foi sorprendida tralo sorteo pola chamada de personal da directiva de ECOS e non dubidou en achegarse ata o local a recoller os seus agasallos e a posar con eles para a foto.


Un broche a unha actividade que malia levar so tres edicións gaña popularidade cada ano a xuzgar pola case unanimidade de gañadores que se achegaron á tardiña de onte a recoller en persoa os seus agasallos.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Con isto non rematan, nin moito menos, as actividades da asociación para incentivar as compras de Nadal no comercio local; aínda queda un Xoves de Churrecos para disfrutar de chocolate con churros de balde en Café Ina, no Cuppedia, na de Debibián, no Maripepa e no Pukará, quedan moitos billetes ECOS de 20 euros agochados nos Roscóns de Reis de Panadaria Mella, Panadaría Paulino, Panadaría Codelas, Pastelaría Dulce Deza, Pastelaría Arco da Vella, e Confitaría Tábora e máis de 5.000 euros en vales de compra que se sortearán entre todos os que dende o 1 de decembro fixeran compras por un importe mínimo acumulado de 100 euros no comercio asociado.


Ese sorteo, co que si rematará oficialmente a campaña de Nadal de ECOS terá lugar o día 5 de xaneiro, en directo, xusto despois da Cabalgata de Reis.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page