top of page

Román Santalla lamenta o retardo na reforma do local social de Catasós

“En outubro de 2021 votaron en contra da nosa moción coa escusa de que xa o

tiñan previsto, pero a falta de dous meses anunciaron a súa reforma e comezarán

as obras en plena campaña”, explica o socialista lalinense


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín lamenta o retardo nas obras do local social de Catasós, que o concelleiro de Obras, José Cuñarro, anunciou no pasado mes de febreiro. "Cabe lembrar que no seu libro de promesas de 2019 levaban para esta aldea, entre outras promesas, o

arranxo das dúas casas escola, pero a realidade é que non fixeron melloras en ningunha

delas e farana agora, tarde e mal".

"Recordámoslle ao Goberno que o grupo socialista levou a pleno en outubro de 2021 unha

moción para que puxeran en marcha un proxecto para a mellora e ampliación do centro social ou da antiga escola unitaria. Esta proposta foi votada en contra polo PP e en

concreto, o concelleiro de obras do rural, José Cuñarro, argumentou que “temos que

votala en contra porque esta petición lévana pedindo anos e creo que é un chiste que a

traiades. Firmamos un papel cos veciños co compromiso de facelo antes de maio de

2023, entón xa se saberá”. Ante isto, o voceiro socialista Román Santalla indícalle que en

2019 prometeron o arranxo das dúas casas escola, en 2021 dixo “se temos o local

pequeno e a escola son dous locais e o mantemento é moito máis elevado polo que é

inviable” e en 2023, en febreiro, anunciou o inicio da reforma do local social.

Por iso, Santalla mostra o seu pesar “porque retardaron unha obra necesaria só por capricho e farana agora, como unha actuación máis de cara a campaña electoral. É lamentable que tarden tanto en darlle solucións a nosa veciñanza e só o faga con fins electorais”.


Dende o grupo socialista expoñen que o concelleiro de Obras ten coñecemento, dende hai meses, que no centro social hai goteiras que están causando danos e que impiden que se poidan levar a cabo as actividades con normalidade. “Os locais sociais son puntos de encontro e os espazos onde se levan a cabo as actividades das parroquias, por iso é obrigatorio telos en bo estado. No caso de Catasós sábese que este recinto é pequeno e que precisa unha ampliación e mellora, e a veciñanza desta parroquia leva anos agardando por isto”, reclámalle o voceiro socialista.

Ademais, recalca que este Goberno foi o do abandono do rural, só lle acordou agora para recorrer as parroquias en campaña preelectoral e vender o que non fixeron, porque esa é a realidade. Comezarán agora con algunhas actuacións, coma esta do local social de Catasós, para poder vender o seu ineficiente traballo de cara ás eleccións, facendo uso dunha política na que a nosa veciñanza xa non cre". Así mesmo, pídelle que lle dea

unha solución á veciñanza que non pode empregar este local por causa dos danos que

presenta e, proximamente, polas obras que se levarán a cabo.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page