top of page
Foto del escritorLaura Moure

Román Rodríguez celebra o espírito lalinense no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades compartiu en Arxentina a festividade da Virxe dos Dores, patroa do concello de Lalín


Laura Moure/Deza

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este sábado o Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires, onde participou nos actos conmemorativos da festa de Nosa Señora das Dores. Fíxoo no marco da súa viaxe a Arxentina.

Publicidade

Na súa visita, o responsable autonómico de Cultura celebrou que “o espírito lalinense continúe latente no corazón de Arxentina grazas ao traballo desta institución con máis de 40 anos de historia”. “Como galego e veciño de Lalín, o traballo feito por este centro supón un motivo de orgullo e unha ponte de unión entre Galicia e as comunidades do exterior”, engadiu Román Rodríguez.


Publicidade

Os actos celebrados o sábado inclúen un amplo abano de actividades para festexar a patroa do concello de Lalín como música, baile, unha misa e un almorzo no propio centro. A institución anfitroa amosa así o seu decidido compromiso por divulgar a identidade galega con actividades culturais entre os seus case 1000 socios, as novas xeracións e o público en xeral.


Publicidade

A visita do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades a Arxentina continou onte cunha visita ao Centro Cultural do Partido da Estrada, que cumpre 80 anos proxectando a imaxe e a tradición histórica do concello da Estrada e fomentando a cultura galega a través de distintas iniciativas sociais.

0 comentarios

Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page