top of page
Foto del escritorLaura Moure

Rodríguez felicita ao CEIP Arcediago: "sodes un exemplo do traballo colaborativo"

“Poucos centros de Infantil e Primaria ofrecen unha ensinanza tan única como a que impartides, que combina a comunicación humana coas técnicas máis innovadoras”


Laura Moure/Santiso

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe na xornada Cultureando na nosa escola rural, organizada polo colexio CEIP de Arcediago, en Santiso. Na súa visita, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou os valores da escola rural, sinalando este centro como un exemplo do traballo colaborativo que desenvolve o alumnado deste tipo de colexios. Neste sentido, e dirixíndose aos alumnos, felicitounos por “ser un exemplo de como o éxito da educación está en apoiarse nos demais e colaborar entre todos para medrar e sermos máis fortes”.

O alcalde de Santiso, Manuel Adán, e o conselleiro Román Rodríguez.


O representante do goberno galego quixo tamén felicitar ao equipo directivo e docente do centro por “ser quen non só de interpretar as necesidades dos alumnos, senón tamén de integralas no propio espazo co centro e así contribuír a aproveitar o seu enclave natural e facelo parte das leccións aos máis cativos”, sinalou. “Poucos centros de Infantil e Primaria en toda Galicia ofrecen unha fórmula de ensinanza tan única como a que impartides neste colexio, que combina harmonicamente a comunicación humana coas técnicas lectivas máis innovadoras”, dixo.


Román Rodríguez puxo en valor, así mesmo, a iniciativa cultural celebrada esta mañá, que contou coa participación de Carmen Penim e Maurizio Polsinelli, voz e piano respectivamente do grupo 2nafronteira, e coa actuación da Banda de Música de Visantoña.

O conselleiro alabou o traballo do equipo docente deste centro.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page