top of page

Rodeiro solicita unha reunión urxente co conselleiro de Sanidade para abordar as carencias asistenciais

Ecos da Comarca/Rodeiro

A concelleira delegada de Sanidade, Xulia Dacal Juiz, vén de remitir unha nova carta ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, "despois de que nin tan siquiera se respondese á enviada no mes de xuño coa intención de anticiparse ao que cada vez

empeora", sinala. Por este motivo, "novamente solicitamos unha reunión urxente para tratar a situación sanitaria que atravesa o municipio".

No escrito, a concelleira expón diversas problemáticas que afectan directamente á

veciñanza:

  •  A solicitude de traslado de destino por parte das dúas prazas de médicos de atención primaria asignadas ao Centro Médico. "Solicitamos que se cubran as

dúas prazas, Rodeiro non poden quedar sen cubrir".

  • A excesiva demora na concesión de citas médicas.

  • A eliminación do servizo de pediatría.


"As persistentes queixas, por parte da veciñanza, da administración do centro de saúde, entre elas, a dificultade de contactar telefonicamente, a demora nas citas, os cambios e anulacións de citas sen aviso… O mal funcionamento da aplicación móbil para solicitar citas médicas, concretamente non está aberto para una das médicas", explica a edil.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dacal Juiz subliña que “o benestar da cidadanía é a prioridade deste equipo de goberno, que traballa cun proxecto claro para Rodeiro que nos permite mirar ao futuro con optimismo e ilusión”. Nese camiño, engade, “a colaboración da Consellería de Sanidade resulta imprescindible para garantir unha atención sanitaria digna e de calidade”.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello agarda que a Consellería atenda esta petición con dilixencia e reforce o compromiso coa veciñanza de Rodeiro, garantindo os servizos básicos que a poboación

demanda e merece.


NOTICIA RELACIONADA:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page