top of page

Rodeiro rende un tributo ao seu veciño Xabi Montes Vilar, subcampión de Europa no Open Junior Show

Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro homenaxeou este sábado ao seu veciño Xabi Montes Vilar, subcampión de Europa no noveno Open Junior Show que se celebrou en Italia hai uns días.

Neste acto estivo arroupado ademais do equipo de goberno, por familia, amigos e compañeiro/as do clube Balonmán Rodeiro. "Foi todo unha sorpresa para el pois descoñecía que estaba toda estas persoas no acto", indica o alcalde do municipio, Rubén Quintá.


"Reitero o que lle dixen no acto: parabéns e gracias. Parabéns polo traballo, esforzo e dedicación e gracias por poñer a Rodeiro a tan alto nivel en Europa. Parabéns á familia tamén que son unha parte moi importante nos logros de Xabi. Parabéns e gracias tamén ao Clube de Xovenes Gandeiros e que nos acompañou o seu presidente Avelino Souto, e que lle traía unha nova a Xabi", indicou o mandatario.

Asistentes á homenaxe ante o Consistorio.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page