top of page
Foto del escritorLaura Moure

Rodeiro remata a tramitación para 17 melloras de viais e núcleos rurais por 1,1 millóns de euros

Estas actuacións, que será financiadas con cargo ao remanente municipal de tesourería, o Plan Marco e o Plan Concellos, xa están listas para a súa adxudicación


Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro vén de rematar co proceso de tramitación administrativa para a

execución de ata 17 melloras de pistas municipais e pavimentacións no interior de diversos

núcleos rurais por un importe de 1.112.000 euros, que serán financiadas ao abeiro do

remanente de tesourería, fixado nuns 800.000 euros, do Plan Marco de mellora de camiños

da Xunta de Galicia e do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Segundo explicou o alcalde en funcións, Rubén Quintá, estas actuacións xa están deseñadas e listas para a súa próxima adxudicación e agárdase que poidan comezar a executarse nas vindeiras semanas aproveitando a boa climatoloxía propia do verán.


Por isto, o goberno local publicou distintos bandos informativos polas aldeas beneficiarias

co obxectivo de comunicar as mesmas aos veciños, pedir desculpas polas posibles

molestias ocasionadas polos traballos e para solicitar prudencia e precaución nestas

contornas ante a presenza de maquinaria pesada e operarios nas calzadas, malia que as obras e as súas posibles restricións estarán debidamente sinalizadas.

En canto á relación de obras, o groso das mesmas acometerase con cargo ao remanente

municipal, cuxo uso foi aprobado polo pleno, en sesión extraordinaria, a través da

correspondente modificación de crédito o pasado 2 de maio.


Entre estas figuran as pavimentacións interiores dos núcleos rurais dos Vilares, Lamas,

Castugares, Carboentes, Farán e Adelán e a mellora integral do firme nas pistas Vilameá-

San Cristovo, Saborín-cruce de Cantelle, cruce de Cantelle-Bagarelas, cruce de Melide-

Xabalde, Vilela-Xabalde, San Martiño-Ourín, Outeiro-A Fraga e da entrada noroeste de San

Cristovo.

Así mesmo, tamén se atopan na mesma fase, ás portas da adxudicación tras rematar todo

o procedemento administrativo previo, a mellora viaria de Alemparte, que se financiará con

35.000 euros procedentes das baixas do Plan Concellos; o acondicionamento de pistas de

Vistuíde cunha partida de case 100.000 euros ao abeiro do Plan Marco; e a actuación

integral da estrada entre Guillar e Rubiás cunha achega de 177.000 euros do Plan

Concellos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page