top of page

Rodeiro pide desbloquear a permuta da estrada de Carboentes e Arnego por varias vías provinciais

O alcalde de Camba vén de remitir unha carta ao presidente da Deputación de Pontevedra solicitando unha xuntanza para avanzar nesta proposta


Laura Moure/Rodeiro

O alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas, vén de remitir unha carta ao presidente da Deputación de Pontevedra e exalcalde de Camba, Luis López, solicitando unha xuntanza para avanzar na proposta de permuta de estradas entre ambas administracións.

ree

Camiñas lembra que esta xuntaza co presidente da Deputación vén precedida por un acordo plenario do 11 de marzo do 2024 onde o goberno local mediante unha moción lle solicitaba o cambio de titularidade de 18,7 quilómetros de varias vías municipais a titularidade provincial, estrada Carboentes Arnego, Vistuide Adelán, Vilafrio Saburin e Pedroso co límite con Lalín. 


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta solicitude dá continuidade á reunión mantida o pasado mes de decembro, na que o rexedor municipal expuxo a necesidade de transferir á titularidade provincial a estrada que conecta a zona de as Devesas coas parroquias de Carboentes e Arnego. Trátase dunha vía que rexistra un tráfico elevado e pesado, presenta un estado de conservación deficiente, polo que o Concello considera que a súa xestión provincial é imprescindible para garantir a seguridade viaria e un mantemento adecuado.


"No encontro de decembro, o presidente da Deputación amosou a súa disposición a estudar unha permuta entre esta estrada municipal e outras vías de carácter provincial. A proposta formal, elaborada por servizos técnicos, foi remitida en marzo, xa pasaron seis meses polo tanto o presidente da Deputación tería tempo suficiente para o seu estudo", sinala o rexedor.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“O obxectivo é chegar canto antes a un acordo definitivo que permita mellorar esta infraestrutura fundamental para a veciñanza e para o tránsito de vehículos, dando unha resposta á altura das necesidades do noso territorio”, destaca o alcalde.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page