top of page

"Rodeiro ocúltalle a Facenda o resultado da súa pésima xestión", acusa Unidade por Rodeiro

"Dende UxR tamén lamentamos que a persoa pola que aposta o Partido Popular como candidata, foi responsable de Economía e tampouco cumpriu coas esixencias do seu cargo", subliña


Ecos da Comarca/Rodeiro

"Rodeiro ocúltalle a Facenda o resultado da súa pésima xestión", acusa Unidade por Rodeiro que sinala que estes días publicouse a media de días que tardan os Concellos en pagar as súas facturas e" hai quen incumpre a normativa que establece un pago medio de 30 días, pero máis grave é ocultar o dato que con total seguridade, sería o peor da comarca", asegura.

En Rodeiro, apunta, "hai numerosas empresas que nos din que teñen facturas sen cobrar dende setembro e outubro algo que non se comprende. Aparenta que o único trámite administrativo que se fai en prazo é o pago dos seus salarios".

Por outro lado, "dende UxR tamén lamentamos que a persoa pola que aposta o Partido Popular como candidata (Cati Somoza), foi responsable de Economía e tampouco cumpriu coas esixencias do seu cargo. Recordemos que o pago a proveedores do seu último ano nada mellorou ao destas épocas. Instamos a que a futura candidata traslade ao executivo a necesidade de cumprir coas empresas locais e se lles pague canto antes".

Dende UxR, subliña, "non podemos estar de acordo con que o Partido Popular considere que canto peor o fagan dende o actual executivo mellor valoración vai ter a nova candidata que no seu momento decidiu abandonalos. O canto peor mellor ao que aspira o presidente provincial do PP xunto coa sua candidata é letal para os intereses de Rodeiro independentemente de que sexa favorable para os populares, os que levan anos sen pensar en Camba".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page