top of page

Rodeiro loce un novo escudo e bandeira bañados pola polémica

A decisión foi tomada hoxe en pleno e non contou coa unanimidade da Corporación


Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro levaba meses en proceso para ter un escudo e bandeira e dende o Consistorio solicitaron á Xunta de Galicia unha proposta de escudo e bandeiras municipais. E este luns chegou o día de presentar as propostas ante o pleno e aprobar os definitivos. Sen embargo, e tal e como se deixaron ver nas redes sociais nos últimos días, estas propostas non gustaron a todos.

Estas foron as propostas e elixiron as do número 2.


Un dos principais detractores é o grupo da oposición Unidade por Rodeiro. "Se estas propostas forman parte dun concurso infantil, voto a favor!", indicou o seu voceiro, Alberte Lamazares. "Eu quédome co escudo histórico, non entendo a política populista, a de ter que estar nos medios de maneira continua para mellorar a imaxe política, a populista, a política das fotografías mentres nin solicitudes de axudas sabemos facer!", engadiu.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page