top of page

Rodeiro contará cun centro de día que dispoñerá de 40 prazas

Instalarase no edificio polivalente onte tamén estará o punto de atención á infancia


Ecos da Comarca/Rodeiro

O goberno de coalición de Rodeiro liderado por José Luis Camiñas (PSOE) e Alberte Lamazares (Unidade por Rodeiro) levaron á última Xunta de Goberno Local a modificaión, aprobación e solicitude de axuda á Deputación do novo proxecto para o edificio polivalente. Deste xeito, Camba contará no mesmo cun centro de día e cun punto de atención á infancia.


"Aquí o PP de Rodeiro tiña deseñado unha oficina informática, un salón de actos con 80 butacas, un gran salón de reunións, unha ludoteca e as oficinas de Servizos Sociais, o cal foi comezando fai máis de 8 anos. Gastaron nel 700.000 euros de inversión ata o momento. Con esta modificación o proxecto contará cun centro de día e un punto de atención infantil", explica o goberno local.

Lamazares e Camiñas. Autor: Ecos da Comarca.

"De todos e sabido que a principal motivación do goberno de coalición son os nosos maiores e os máis cativos. Pero máis alá de frases baleiras, no día de hoxe presentamos o que vai ser o novo Centro de Día Municipal e o Punto de Atención Infantil. No día de hoxe deixamos atrás un proxecto deseñado polo Partido Popular no que pretendían executar, entre outras instalacións, un novo auditorio con 80 butacas, unha aula de informática,unha ludoteca, e un gran salón de reunións, e as oficinas de servizos sociais. Un proxecto que para nada resolvía as necesidades locais. O novo proxecto que presentamos albergará na planta superior un centro de día con capacidade para 40 persoas. Dentro das instalacións proxectadas contará cun comedor, cociña, sala de rehabilitación, sala de descanso e lectura, etc."


Na planta inferior está proposto, como indica, o punto de atención á infancia con capacidade para 30 nenos e nenas. A maiores o edificio conta con salas de reunións e oficinas para uso dos propios servizos. "Este proxecto demostra o compromiso real que o goberno ten cos nosos maiores e coa infancia e tamén demostra que cumprimos coa palabra dada afrontando un proxecto destas características prometido no pacto de goberno".

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A execución deste proxecto está valorada en 1.162.000 euros, "cantidade moi superior a que a señora Cati Somoza publicou que faría falta para rematalo, proba de que a portavoz do PP de Rodeiro non está altura de unha oposición seria e rigurosa. A primeira parte deste proxecto vai ser financiada con cargo a liña de axudas que anunciou a Deputación de Pontevedra para todos os concellos de menos de 50.000 habitantes. Esta é outra novidade con respecto a anos anteriores onde estes fondos se gastaban en humanización de rúas. Con eses fondos Rodeiro xa podía ter en funcionamento o Centro de Día e o Punto de Atención Infantil, mais as prioridades dos populares foron outras", subliña o goberno local.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page