top of page

Rodeiro conmemora o Día das Letras Galegas este venres, día 14, cun obradoiro creativo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Estará impartido por Antía Vázquez Figueiras de Velaísca

Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Antía Vázquez Figueiras, de Velaísca, este venres 14 de maio ás 18:30 horas na Praza do Parque (se o tempo non o permitise, trasladaríase ao Centro Cultural Municipal) con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

Vista aérea de Rodeiro. Autor:Rodeiro Alcaldía

Antía Vázquez Figueiras presenta o seu obradoiro creativo Estas cartas teñen moito conto. Xogando con Xela Arias. Viaxar ao mundo dos contos dunha maneira diferente onde os seus participantes deberán enxeñarse para buscar un final, inventar unha historia ou adiviñar as ilustracións máis apropiadas ao conto relatado. Iremos acompañados/as en todo momento coas obras e poemas de Xela Arias. Gozar a través de catro xogos que teñen como nexo en común os contos populares, as cartas ilustradas e a creatividade. Esta actuación está destinada a todos os públicos.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page