Rodeiro celebrará o día 19 a XIV Feira da Rubia Galega do País coa participación máis alta de animais
- Laura Moure

- 4 oct 2025
- 2 Min. de lectura
Repartirá 16 recoñecementos distribuídos en 6 categorías, coa finalidade de poñer en valor a excelencia da raza Rubia Galega e o traballo dos gandeiros
Laura Moure/Rodeiro
Rodeiro celebrará a o 19 de outubro a XIV Feira da Rubia Galega do País coa participación mais alta de animas de todo Galicia para este ano. O Concello de Rodeiro organizou, durante a última década dos anos noventa e a primeira dos dous mil, a Feira da Vaca Rubia Galega, que se celebraba anualmente no recinto feiral da parroquia de Río. No ano 2024, a raíz das primeiras xornadas do I Sabor Labrego, decidiuse recuperar a feira e que esta seria organizada entre a Asociación de Gandeiros de Rubia Galega do País e o Concello de Rodeiro a que este ano se suma tamén como parte organizadora a Cooperativa O Rodo, "convencidos de que é necesario crear e impulsar eventos que poñan en valor a nosa raza autóctona", sinala a organización.

"A súa evolución nos últimos tempos non responde aos criterios que en Rodeiro consideramos axeitados, polo que cómpre traballar de maneira conxunta na súa recuperación, promoción e fortalecemento. Cómpre salientar que a esta feira acoden exemplares procedentes das granxas máis destacadas de Galicia, convertendo o evento nun referente autonómico dentro da provincia de Pontevedra e nun punto de encontro imprescindible para gandeiros, criadores e público en xeral. Polo que, consideramos que o impulso e a recuperación deste evento supón un fortalecemento dun sector que nos últimos anos non acaba de superar unha crítica situación de supervivencia", sinala o tenente de alcalde, Alberte Lamazares.
PUBLICIDADE

Ademais, a organización salienta que a provincia de Pontevedra debe recuperar o seu protagonismo na produción de carne, pois conta con numerosas vantaxes económicas e sociais: contribúe a asentar poboación no rural, protexe as terras e montes do abandono, xera riqueza e achega a mellor materia prima para unha alimentación saudable e de calidade. "En definitiva, a recuperación da Feira da Vaca Rubia Galega convértese nun acontecemento estratéxico e simbólico para o rural de Rodeiro, da comarca do Deza e da provincia de Pontevedra".
A programación prevista para a mañá do día 19 inclúe, en primeiro lugar, a poxa de xatos e xatas, cunha participación aproximada de dez exemplares. "Nesta edición contaremos concretamente con 3 xatas e 1 xato. A continuación celebrarase o concurso de gando, no que se darán cita arredor de máis de 105 exemplares procedentes de 15 gandeiros das 4 provincias galegas, converténdose así na feira con máis vacas para concurso de Rubia Galega de toda Galicia e na segunda con maior número de animais de toda a historia dos concursos autonómicos".
PUBLICIDADE
O certame repartirá 16 recoñecementos distribuídos en 6 categorías, coa finalidade de poñer en valor a excelencia da raza Rubia Galega e o traballo dos gandeiros. Unha destas categorías é de nova creación e única neste tipo de encontros. "Un categoría “popular” onde veciños e veciñas da nosa localidade van opinar sobre cal é a vaca que mellor se representa a antiga “Vaca do País”. Un recoñecemento que redunda no propósito de recuperación do tipo de vaca polo que apostamos dende o concello e a asocación".








Comentarios