Rodeiro acollerá un mes de maio repleto de actividades en torno ao Sabor Labrego
- Laura Moure
- 20 abr
- 4 Min. de lectura
Terá lugar o I Concurso de Minihamburguesas nos locais de hostalería e tamén se celebrará a II Festa do Chuletón
Laura Moure/Rodeiro
Rodeiro acolle ao longo de todo o ano distintas actividades vecelladas ao Sabor Labrego, unhas citas organizadas polo concellería de Sector Primario liderada por Alberte Lamazares e pola concellería de Cultura, con Xulia Dacal. E agora chega o mes de maio que estará cargado de iniciativas como o I concurso de mini-hamburguesas. O día grande do Sabor Labrego, que incluirá a II Festa do Chuletón, será o domingo 25 de maio.
"Con Sabor Labrego buscamos poñer en valor e promover as potencialidades do sector agroalimentario. Pretendemos destacar a excelencia das diferentes producións alimentarias de economía social, agroecolóxicos, de pequenas escala, etc. En definitiva, pretendemos poñer en valor diferentes produtos de calidade diferenciada coa finalidade ampliar a oferta e fomentar o consumo. Por suposto destacamos a produción de leite e carne de vacún, mais tamén, debemos reforzar outras produción que poden xerar riqueza a nosa localidade como pode ser o mel, castaña, cogomelos, horta, a transformación, o silvopastoreo, etc", sinalan o dou concelleiros de Unidade por Rodeiro. "En definitiva, temos un territorio que pode xerar maiores recursos para a economía familiar e dende a
administración local queremos traballar no seu impulso e promoción. Coa finalidade de executar o anteriormente exposto destacamos as numerosas propostas que abrenguen a
totalidade do ano con charlas, obradoiros, cursos, impulso organizativo en defensa dos recursos alimentarios locais, etc".

Actividades propostas
Xornada sobre a produción de mel e castaña.
Obradoiro de elaboración de IOGUR KALEKOI no CPI de Rodeiro.
Excursión para alumnos do CPI de Rodeiro a Cooperativa Santa Mariña de Loureiro no Irixo.
Apoio e impulso da recuperación da Raza Rubia Galega do País.
Celebración da XIV Feira da Vaca Rubia Galega do País.
Celebración do I Cambburguer (concurso de minihamburguesa de vacún).
Degustación de Terneira Galega Suprema.
Degustación de queixos e viños.
II Exposición-museo alimentario comarcas de Deza e Chantada.
Exposición dos mellores exemplares de Rubia galega de Rodeiro.
Exhibición de preparación de gando frisón de concurso.
II Festa do chuletón nos restaurantes locais.
Mes de maio
"Independentemente de que hai numerosas actividade propostas que se desenrolan fóra do mes de maio, a continuación imos cinguirnos ao mes do epicentro do Sabor Labrego. O mes de maio comeza co I concurso de mini-hamburguesas nos locais de hostalería. Este celebrarase durante os 3 primeiros fins de semana deste mes. Con el queremos poñer en valor o bo facer dos hostaleiros locais coas diferentes propostas que nos van
preparar. Para as elaboración empregarán carne de terreira galega suprema ou de vaca/boi coa finalidade de recoñercer excelente carne que se produce na nosa localidade", explican o edís.
Publicidade
Domingo 4:
1º Fase do Campionato Galego de Andadura Federada. "Dentro de Sabor Labrego tamén queremos incluir eventos deportivos que estean relacionados co mundo labrego. A maiores destacamos que Rodeiro conta cun corredor nesta disciplina a maiores de ser un concello con gran afección cabalar".
Sábado 24 a partires das 20 horas:
Xornada de degustación de queixos, terreira galega suprema e viños. "Tamén contaremos cun concerto do grupo de musica tradicional Carapaos".
Domingo 25. Será o epicentro do Sabor Labrego co seguinte programa:
Ás 12 horas: Apertura da carpa Sabor Labrego con exposición- museo de produtos alimentarios da comarca de Deza e Chantada. "Nesta primeira edición queremos poñer en valor os produtos diferenciados, de transformación local a pequena escala ou de economía social e a través dos cales, queremos mostrar as potencialidades do rural das Comarcas de Deza e de Chantada. Con esta exposición queremos: Dar a coñecer os produtos expostos e así contribuír a ampliar o seu mercadoe demostrar que o rural ten grandes potencialidades a través dos excelentes produtos que a día de hoxe xa se transforman e comercializan na nosa comarca. Que isto sirva de impulso e orgullo para que outras familias emprendan con novas iniciativas de transformación dos seus produtos. Tamén habera degustación de diferentes produtos alí expostos".
Exposición de gando Rubia Galega do País. "Rodeiro conta con gran potencialidades na produción de carne coa Raza Rubia Galega como máximo exponente. Con esta exposición de diferentes vacas previamente selecionadas queremos mostrar aqueles exemplares que cumpren cos criterios de definidos conxuntamente coa directiva da Asoc. Gandeira Rubia Galega do País. En definitiva, esta exposición pretende por en valor a Raza e recoñecer a labor dos gandeiros e gandeiras locais".
Exhibición de manexo de vacas holstein. "Rodeiro está asociado a produción de leite debido aos entorno a 50 millóns de litros de leite que producimos anualmente. Tamén contamos cun dos mellores manexadores de gando co que faremos unhas exhibición para achegar esta disciplina aos visitantes".
Recoñecementos gandeiros. " Dende a administración local temos a obriga de poñer en valor os diferentes produtos alimentarios que se producen no noso concello xa que así, estamos protexendo as familiar que directa ou indirectamente viven dos mesmos.
Mais con esta actividade queremos recoñecer aqueles familias que, a través das súas granxas e o seu gando adquiran a maior calificación dentro das diferentes categorías que describimos a continuación". Haberá a seguintes categorías:
Vacas de Carne:
__3 categorías para as 3 mellores vacas Rubia Galega.
__3 categorías para as 3 mellores novillas Rubia Galega.
Vacas de Leite:
__3 categorías para as mellores granxas por GICO.
__3 categorías para as mellores granxas por produción.
Publicidade
IIª Festa do Chuletón
Esta xornada festiva do 25 de maio tamén se completará coa II Festa do Chuletón que o ano pasado foi máis que un éxito. Os obxectivos, explican dende as concellerías organizadoras, son "ofrecer unha experiencia gastronómica única, resaltando o sabor e calidade da carne e leite de Rodeiro e situar a Rodeiro no epicentro da excelencia gastronómica do vacún de carne".
Os restaurantes locais que queira participar deberán inscribirse previamente. Criterios:
1. Prioridade de abastecerse de carne e leite de Rodeiro.
2. A carne debe ser producida con criterios “TerneraGallega Suprema”.
3. O chuletón debe ter un peso mínimo de 700g.
4. Debe estar atemperado e elaborarse a brasa.
5. No menú debemos incluir un postre con base de leite.
O Menú estará composto de: Chuletón, patacas, ensalada, postre lácteo, pan e viño da casa.
6. Prezo deste menú será de 30€.
Festa ao Atardecer
"A partir da 18 horas mesturamos un grupo emerxente que está pasando polos máis importantes festivais de Galicia, xunto coa musica da orquestra Panorama que nos trae o mellor da verbena galega", conclúen Lamazares e Dacal.
留言