top of page

Rodeiro acolle dous proxectos socioeducativos o 28 de maio e o 4, 11 e 18 de xuño

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

É necesario anotarse e o prazo finaliza o 14 deste mes


Laura Moure/Rodeiro

Chega a Rodeiro o proxecto socioeducativo Traballando Novas Masculinidades, que ten como obxectivo contribuír á promoción dunha cidadanía responsable e comprometida coa equidade de xénero, que permita, especialmente aos homes, ser conscientes da necesidade da súa implicación na construción da igualdade.

O obradoiro está dirixido aos homes da nosa comunidade e desenvolverase ao longo de catro sesións, os venres 28 de maio e 4,11 e 18 de xuño en horario de tarde. Noelia Rodríguez Álvarez, educadora social experta en igualdade, será a responsable do seu desenvolvemento.

Para participar é preciso inscribirse previamente no Servizo de Educación Familiar. O prazo remata o vindeiro venres 14 de maio. Para anotarse hai que chamar ao 986 790 009 ou facelo a través do correo electrónico educadora@rodeiro.gal

Este municipio tamén acolle a segunda edición do programa Fortalécete muller, o cal ten por obxectivo traballar a autoestima, a xestión emocional e o autocoidado en mulleres da nosa comunidade. O obradoiro está dirixido a mulleres e desenvolverase ao longo de catro sesións, os venres 28 de maio e 4,11 e 18 de xuño. Noelia Rodríguez Álvarez, educadora social experta en igualdade, será a responsable do seu desenvolvemento.


Para participar é preciso inscribirse previamente no Servizo de Educación Familiar. O prazo remata o vindeiro venres 14 de maio. E tamén é necesario anotarse a través do teléfono 986 790 009 ou do email educadora@rodeiro.gal

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page