Rodeiro abre o prazo para solicitar as subvencións para actividades culturais e deportivas 2023
- ecosdacomarca

- 12 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Rodeiro
O Concello de Rodeiro informa que onte, venres, saíu publicada a convocatoria de axudas culturais e deportivas para o ano 2023 executando así un compromiso adquirido polos responsables das concellerias de Cultura e Deportes.

As diferentes directivas locais trasladaran no seu momento que se lles fai moi difícil a execución das actividas cando non saben da cantidade económica que estaría disposto a entregarlles o Concello xa que na última década as axudas víñanse convocando a finais de ano e non recibían os fondos ata preto do mes de Maio. Iso os anos que as convocaban, xa que no ano 2021 decidiron eliminalas.
Publicidade
Para este goberno vai ser prioritario o traballo con axentes sociais locais coa finalidade de contribuír a un maior desenrolo cultural, deportivo e social.
O prazo de presentación das solicitudes remata o día 20 de setembro de 2023. "As cantidades económicas que dispoñemos para axudar as asociacións e de 15.000 euros para para as entidades culturais e de 18.000€ para as deportivas. Ditas cantidades son as que figuran nos orzamentos vixentes do ano 2017 prorrogados ata o dia de hoxe", sinala o Concello.
Publicidade
"Informamos tamén de que esta semana aprobamos conceder as axudas ao transporte escolar que foron solicitadas por 5 rapaces e rapazas de Rodeiro e que serán entregadas na maior brevidade".








Comentarios