top of page

Rivas participou no Campionato Galegio de Clubs co Gimnástica de Pontevedra, que acadou o 1º posto

O atleta lalinense competiu na proba de salto de lonxitude, na que conseguiu a súa mellor marca persoal e logrou a segunda posición


Ecos da Comarca/Deza

Beltrán Rivas.

O deportista lalinense Beltrán Rivas, que pertence ao Club Escola Atletismo Deza, competiu esta fin de semana no Campionato Galego de Clubs co filial Sociedad Gimnástica de Pontevedra. "O noso atleta participou na proba de salto de lonxitude, na que acadou a súa mellor marca persoal, 4 metros 83 centímetros e logrou o segundo posto, polo que achegou case a máxima puntuación ao equipo, que na totalidade das probas fíxose coa vitoria e quedou campión galego de Clubs", destaca o cuble dezá.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así mesmo, sinala que "aproveitando que esta fin de semana non había probas para o noso club, un bo número de deportistas participou na Carreira Popular Solidaria do Carballiño (Ourense). Foron sobre unha quincena de atletas que correron distancias entre os 250 metros (os máis pequenos) e 2 km os máis maiores. Ademais, tamén asistiron varios deportistas do Club que correron a distancia longa da carreira".

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page