top of page

Ribadiso renovará a súa imaxe grazas a un convenio que achegará a Arzúa 272.000 euros

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Laura Moure/Arzúa

O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, desplazouse en días pasados ata o lugar de Ribadiso (Arzúa) para acompañar ao alcalde deste municipio, José Luís García, na sinatura dun protocolo de colaboración que se materializará nun investimento de case 272.000 euros.


Este proxecto permitirá renovar a imaxe da aldea de Ribadiso, un dos principais referentes no Camiño Francés, que ten neste núcleo un dos albergues públicos máis emblemáticos. O protocolo de colaboración irá destinado a renovar o pavimento do lugar, a dotalo dos servizos de recollida de pluviais, saneamento, abastecemento de auga, e á instalación do alumeado público.

Rueda e García, durante a sinatura do convenio.

No acto de sinatura do convenio de colaboración entre as dúas administracións, o Vicepresidente da Xunta ofreceu a súa “axuda para axilizar os trámites para a obra”, que, afirmou “había que facela”, ademais de pola singularidade do albergue, “para corresponder ao esforzo que fixeron os veciños e o Concello para que todo o que hai ao seu redor estivera á súa altura, e á da experiencia que é o Camiño”. Pola súa parte, o alcalde de Arzúa, José Luís García, agradeceu ao vicepresidente da Xunta “a rápida atención que lle prestou á petición do Concello para executar unha obra moi agardada”.

Nas próximas datas comezará así unha actuación que atende unha vella demanda dos veciños do lugar, que fixeron un gran esforzo na rehabilitación das súas vivendas e que constituíu unha loita permanente do actual goberno de Alternativa por Arzúa e PSdG-PSOE.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page