top of page

Ribadiso recibe o espectáculo “A Voar” de Cé Orquestra Pantasma dentro da 2ª edición dos Seráns

Laura Moure/Arzúa

O venres 1 de agosto, ás 18:00 horas, o espazo de Ribadiso acollerá unha nova actuación dentro da segunda edición dos Seráns en Ribadiso, unha programación impulsada polo Concello de Arzúa co obxectivo de recuperar o esplendor dunha área recreativa simbólica e referencial para a veciñanza arzuá.

Nesta ocasión, será o artista Cé Orquestra Pantasma quen suba ao escenario co seu espectáculo “A Voar”, unha proposta participativa dirixida a un público familiar. A través da historia de Xoana, unha nena que soña con voar, a rapazada embarcarase nunha viaxe de aprendizaxe que os animará a liberarse e rirse e dos seus medos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A actuación mestura música en directo, humor e unha posta en escena chea de creatividade. O espectáculo corre da man do recoñecido home orquestra, que leva anos acendo desfrutar ao público máis novo con espectáculos cheos de ritmo e imaxinación.


“Con espectáculos como o de Cé Orquestra Pantasma, continuamos cunha programación deseñadfa para devolverlle vida a Ribadiso: para desfrutar en familia, na nosa lingua, e compartir un serán diferente nunha contorna que é referencial para toda a veciñanza”, destaca o alcalde, Xoán Xesús Carril.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Animo á veciñanza a achegarse e participar nunha nova tarde dos Seráns. Trátase dunha proposta que está a ter moi boa acollida e que demostra que Ribadiso pode volver ser un lugar de encontro vivo, pensado para o lecer da xente”, conclúe.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page