top of page

Rey aposta por un modelo de atención aos maiores nas parroquias e atendido por persoal cualificado

A candidata do BNG á Alcaldía propón a utilización de infraestruturas parroquiais, como os centros sociais ou as antigas escolas unitarias, para este fin

Ecos da Comarca/Silleda

A atención ás persoas maiores é unha dasnprincipais demandas sociais na actualidade, e nun concello como o de Silleda, onde o 60% dos habitantes vive nunha parroquia rural, son necesarias propostas adaptadas a esta realidade. Así o entende a candidata do BNG á

Alcaldía de Silleda, Erea Rey quen está a explicar nos encontros coa veciñanza nas parroquias a proposta nacionalista nesta materia: utilizar infraestuturas como os locais sociais, antigas escolas unitarias ou escolas de mestres en desuso, sempre en colaboración coas asociacións veciñais, para poñer en marcha un servizo atención ás persoas maiores da mesma parroquia ou limítrofes.


O obxectivo é que as persoas miaores non teñan que abandonar o seu lugar habitual de residencia nin o seu contexto social, e que os familiares que se fan cargo dos seus maiores poidan botar man dun servizo profesionalizado e de proximidade para conciliar a súa vida laboral coa familiar. Este servizo de atención a persoas maiores incluído no programa de goberno do BNG está concibido como un servizo aberto, gratuíto, de proximidade e á escala humana da realidade das parroquias.

“Sabemos da imposibilidade económica e de conciliación por parte de moitas familias para poder acceder ao centro de día-residenciai privatizado de Silleda, ou outros semellantes, e tamén coñecemos a falta dun servizo de atención municipal para este elevado segmento de poboación” asegura Erea Rey. “Por iso propoñemos unha solución práctica e viable á atención tanto á dependencia como a persoas maiores en xeral, para afrontar unha necesidade que apremia e que vai a máis por simple lei de vida” engade a candidata nacionalista.


Erea Rey, acompañanda por membros da súa candidatura, está levando a cabo encontros nas parroquias para explicar a totalidade do seu programa de goberno en relación ao rural (hoxe, martes, no local social de Abades ás 20:30 horas), onde inclúe servizos básicos para a veciñanza así como outras medidas en materia de atención social.

Outras medidas en canto á atención social:

  • Ampliación do Servizo de Axuda no Fogar a todas aquelas persoas con grao de discapacidade e dependencia recoñecida, sempre con xestión municipal que asegure unha prestación digna para usuarios e usuarias e para traballadoras, e facilite a maior formación posible entre as persoas empregadas.

  • Dinamización dos servizos de transporte adaptado 065 de apoio á mobilidade persoal de persoas con discapacidade e/ou dependencia; teleasistencia e farmacia domiciliarias, e xantar na casa.

  • Programas de envellecemento activo e achegar a actividade deportiva ás persoas de máis idade.

  • Posta en marcha dun servizo de voluntariado social para colaborar con persoais vulnarábeis ou con diversas dificultades de inclusión social. Gabinete psicolóxico municipal de apoio aos problemas de saúde mental e trastornos da saúde e o comportamento.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page