top of page

Rexeitamento absoluto do PP de Cruces á subida do imposto de bens inmobles

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular quere expresar a "súa enérxica repulsa ante as formas nas que a

concelleira de Facenda, Mireya Otero, e o señor alcalde, Luís Taboada, presentaron

a proposta de subida do imposto do IBI no pleno de hoxe (por onte). Durante a súa intervención, utilizaron de forma frívola o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) como escudo para xustificar esta medida, cando o gasto para este servizo xa estaba contemplado nos orzamentos deste ano".

Non se comprende, sinala, "como agora o goberno local asegura que non dispoñen dos

ingresos necesarios, cando o que realmente queda en evidencia é a súa incapacidade para xestionar os recursos municipais de forma eficiente. Xestionar é sinxelo cando hai abundancia de cartos, pero é nestes momentos, unha vez saqueadas as contas municipais, cando se revela a verdadeira capacidade de goberno. As arcas municipais foron baleiradas pola mala xestión do executivo de Xuntos, e nada se sabe do mais de un millón de euros que se contaba no exercicio pasado".


Ademais, subliña que no pleno de onte "quedou claro que non se realizou ningún estudo económico rigoroso que xustifique a subida do IBI. O goberno local non busca reducir os seus propios gastos, senón que pretende impoñer esta carga aos veciños, esixíndolles un esforzo adicional sen ofrecer unha xestión eficiente a cambio".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Partido Popular denuncia que o goberno de Xuntos "goberna como un polo sen cabeza, improvisando constantemente e sen un proxecto claro para o futuro deste Concello. Non se sabe nada de temas fundamentais para o benestar dos nosos veciños, como a aprobación definitiva do PXOM, o polígono agroforestal de Aguillóns, o cemiterio de Añobre, a posta en marcha do centro de día, as axudas ao comercio local de Vila de Cruces, as axudas escolares para o inicio do curso, as iniciativas para a promoción turística do municipio etc, e mentres tanto as únicas iniciativas que se lles ve a este goberno actual e seguir co despilfarro das arcas públicas".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page