Rexístrase un incendio nun galpón na parroquia agoladesa de Trabancas
- ecosdacomarca

- 24 jun 2021
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Esta mañá, sobre as 12:30 horas, rexistrouse un incendio nun galpón en Agolada. En concreto, tivo lugar na parroquia de Trabancas, xunto á igrexa.
Foi alertado o 112, pero o incidente non foi grave. O lume foi sofocado por Protección Civil de Agolada contando co camión de bombeiros do municipio que xusto estaba cheo de auga porque os operarios do Concello estaban limpando as beirrarúas.

Un dos vehículos de Protección Civil de Agolada.
Autor: Ecos da Comarca.






Comentarios