top of page

Retorna o programa Silleda Camiña a semana que vén

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As rutas serán os martes pola mañá e o xoves pola tarde, con saídas guiadas dende o pavillón municipal César González Fares


Laura Moure/Silleda

O programa Silleda Camiña volve a vindeira semana, contando de novo coa colaboración do Centro de Saúde de Silleda. Trátase de andainas biosaudables, abertas a todo o público e dun xeito especial a persoas que queiran mellorar o seu estado de saúde.

Pese a que as rutas se retoman a partir da vindeira semana, será a partir de novembro cando o persoal sanitario do centro silledense se encargue de tomar parámetros antropométricos e constantes ás persoas participantes, ademais de realizarlles un cuestionario sobre alimentación.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As rutas serán os martes ás 10:00 e os xoves ás 18:00 horas, facilitando así a asistencia dun maior número de persoas, tendo como punto de encontro e partida o pavillón municipal César González Fares. Estas rutas están deseñadas polo técnico municipal de Deportes, adaptando as sesións en función das condicións físicas das persoas asistentes.


O prazo de inscrición segue aberto e as persoas que queiran participar poden anotarse no Centro de Saúde de Silleda, no Centro Social ou no propio pavillón César Fares indicando nome, idade e número de teléfono.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O programa Silleda Camiña, que arrancou na primavera de 2021 dende o departamento de Deportes e Turismo para fomentar hábitos saudables, os desprazamentos a pé e tamén o coñecemento de espazos turísticos, volta para seguir mellorando a saúde da cidadanía.

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page