Retencións en Lalín debido á colisión de dous vehículos na N-525
- ecosdacomarca

- 3 oct 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

Unha colisión de dous vehículos provocou hai uns minutos retencións na N-525 á altura da parroquia lalinense de Filgueira, preto do polígono industrial Lalín 2000.
Tal e como informa o 112 Galicia foron informados Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Deza, a Policía Local e Protección Civil da localidade e os Servizos de Mantemento.
O accidente produciuse sobre as 15:30 horas. O sinistro saldouse cunha persoa ferida.







Comentarios