E o Concello informa de cambios puntuais de horarios no Punto Limpo e na recollida de papel e cartón a domicilio
Laura Moure/Silleda
Os obradoiros de terapia cognitiva retomáronse este martes en Silleda no marco do programa integral de atención a persoas con alzheimer e outras demencias e as súas familias, cumprindo os protocolos establecidos. Este programa está executado en Silleda pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras Demencias de la Provincia de Pontevedra (Afapo).
Por outra banda, o Concello informa que o sábado 20 de marzo e o sábado 3 de abril as instalacións do Punto Limpo de Silleda estarán pechadas ao público. A recollida do papel e cartón a domicilio que se vén realizando todos os venres cambia de horario tamén. Así esta semana a recollida será o xoves 18 e para a semana o mércores día 31.
Comments