top of page

Resulta ferido o maquinista dun tren de mercadorías que descarrilou en Lalín esta mañá

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Atopouse cun derrubamento sobre a vía e acabou por colidir contra o piar dunha ponte que circula por enriba


Ecos da Comarca/Lalín

Un tren, de transporte de mercadorías non perigosas e que cubría a ruta Santiago-Ourense, descarrilou esta mañá en Lalín tras atoparse cun derrubamento sobre a vía, e acabou por colidir contra o piar dunha ponte que circula por enriba. A locomotora e varios vagóns quedaron envorcados lateralmente, mentres que o maquinista puido saír coa axuda dos Bombeiros de Silleda, que non tiveron que empregar o material de excarceración. O accidentado non presentaba feridas de consideración.

O tren afectado. Autor: Bombeiros de Deza.

Sobre as 9:15 horas desta mañá, desde o Centro de Seguridade de Adif informaban ao 112 de que un tren de mercadorías sufrira un accidente nas proximidades da estación de Lalín, en sentido Ourense. Cómpre sinalar que, no momento dos feitos, non transportaba ningún material. O punto localízase á altura do quilómetro 7 da PO-902, e desde Adif confirmaron que nesa zona non hai catenaria.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O maquinista do convoi permaneceu consciente en todo momento, e desde os servizos de emerxencias indicáronlle que non abandonase a cabina ata que chegaran ao lugar. Estaba, iso si, atordado ao sufrir un golpe na cabeza tralo sinistro. Tamén un particular que se atopaba na zona chamou ao 112 para alertar do sucedido, e explicaba que a locomotora e varios vagóns resultaran envorcados.

Autor: Bombeiros de Deza.

No operativo participaron o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Silleda, o GES de Lalín, a Policía Local e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín e o persoal de Emerxencias de ADIF. Polo de agora, os servizos de emerxencias continúan traballando no punto para retirar a máquina accidentada da vía.


Segundo descarrilamento en Deza en seis días

Cabe lembrar que hai seis días, descarrilaba outro tren, neste caso de pasaxeiros, á altura do municipio de Silleda debido tamén a desprendementos de terra e pedras.

As noticias deste suceso nos enlaces:

0 comentarios

Yorumlar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page