Resulta ferido de consideración en Rodeiro tras sufrir un corte cunha motoserra
- ecosdacomarca
- 26 mar 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro

Unha persoa resultou ferida de consideración esta tarde en Rodeiro tras cortarse coa motoserra que estaba manexando nun predio da súa propiedade. O 112 Galicia recibiu o aviso, ás seis da tarde, a través da chamada dun particular, que informa do suceso. Na mesma chamada, xa se indicaba que a persoa semellaba que precisaría de asistencia sanitaria urxente.
Axiña, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, tras valorar a situación, informaron da saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Así, minutos máis tarde, a aeronave tomou terra no mesmo lugar dos feitos.
Ademais dos profesionais sanitarios, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou aos Bombeiros de Deza, aos membros do GES de Lalín e aos axentes da Garda Civil.
Comentarios