Laura Moure/Lalín
Unha persoa resultou ferida de gravidade esta tarde despois de sufrir un corte coa máquina que manexaba. O accidente ocorreu no concello de Lalín ao fío das 18:30 horas. Nese momento, o 112 Galicia tivo constancia do desprazamento do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata a Rúa do Rodo para atender a unha persoa ferida de consideración mentres realizaba traballos coa máquina.
De inmediato, desde o 112 solicitouse a intervención dos membros do GES de Lalín e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS).

O hospital de Santiago.
Autor: Ecos da Comarca
Comments