top of page
Foto del escritorLaura Moure

Restriccións de tráfico na contorna do CEIP e o pavillón de Silleda polas obras do PON2030

Adxudicadas a Taboada y Ramos as obras de mellora en varias vias do rural


Laura Moure/Silleda

O goberno municipal de Silleda informa á cidadanía de restriccións no tráfico  rodado polas obras de mellora na zona deportivo-escolar da capital municipal, no marco das obras que se están a realizarna contorna a través do programa PON2030. Estas medidas veñen de adoptarse para garantir que este tramo esté totalmente terminado na data de

inicio do curso escolar.


Así pois, hoxe xoves cortarase ao tráfico rodado a Avenida do Recinto Ferial, dende o entronque coa rúa Progreso ata o cruce ca circunvalación da Semana Verde, permitíndose tan só o acceso rodado a residentes e peonil ata a entrada da piscina e o pavillón municipal César G. Fares. O tránsito alternativo para os vehículos farase a través da rúa perpendicular, na circunvalación do recinto feiral Semana Verde, e o acceso dende a rúa Estación ata esta última. Só estará permitido o acceso a persoas residentes, utilizando un dos dous carrís de circulación.


Dende o Concello, que informará directamente ás persoas residentes na zona, nunha reunión prevista para hoxe, xoves, agradécelle a toda a veciñanza a súa compresión polas molestias que xeran as obras.

Publicidade

Por outra banda, o Concello de Silleda continúa ca mellora integral das principais vias e accesos no rural. Así, nos vindeiros meses acometeránse, con cargo a distintos plans varias actuacións en distintas parroquias que suman máis de 300.000 euros de investimento. Trátase de dous proxectos que veñen de adxudicarse en Xunta de Goberno Local, despois dos trámites correspondentes á mesa de contratación, unha vez rematado o proceso de licitación.


En Moalde, a través do Plan Marco, levarase a cabo a mellora da pista de Rabo de Gato, vial que vai dende a N-640, no Alto de Xindiriz, ata o entronque da estrada que discorre pararela dende Cervaña. En total as obras afectarán a un tramo de case 2,4 kilómetros de lonxitude, vertebrando ademais os lugares de Xindiriz, Caxamaría e Rabo de Gato, nos que

se mellorará notablemente o accesos aos mesmos. Os traballos foron adxudicados á empresa Taboada y Ramos por un importe de 104.382,83 euros, IVE engadido.

Foto de arquivo.

Tamén con cargo á axuda do Plan de Rehabilitación de Camiños de zonas de Concentración ou Reestruturación Parcelaria (2023-24), asumindo tamén a parte que lle corresponde ao Concello a través dos fondos de Máis Provincia, actuarase nas parroquias de Laro, Breixa e Saídres.


Na parroquia de Laro, farase a mellora do vial que dá acceso ao lugar da Pereira, en Saídres actuarase na pista de Maragouzos e no caso de Breixa, o vial do lugar de Breixiña. Neste caso ás obras tamén foron adxudicadas a Taboada y Ramos, por importe de 201.375,28 euros, IVE engadido. Tamén está previsto que nas vindeiras semanas se liciten melloras viarias nas parroquias de Refoxos e Manduas, neste caso con actuacións que se financiarán con cargo aos fondos que lle corresponden a Silleda o plan Máis Provincia. O orzamento estimado destas actuacións é de 350.000 euros.


“Con estes programas continuamos a liña de traballo dos últimos anos, aglomerando en quente os accesos principais e mellorando cunha dotación de maior durabilidade a nosa rede viaria”, explica a alcaldesa, Paula Fernández.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page