Rescatan a un operario que envorcou co camión que manexaba nas instalacións da mina de Touro
- ecosdacomarca
- 9 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
O 112 Galicia informa que tivo que ser rescatado un operario que envorcou co camión que manexaba nas instalacións da mina de Touro.

O traballador, sinala o 112, "esperou aos servizos de emerxencias sobre a cabina do vehículo, envorcado lateralmente nunha zona de difícil acceso. Tralo rescate, foi evacuado polos servizos sanitarios".
Preto das 10:15 horas, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou ao 112 Galicia deste accidente, que ocorreu na canteira da mina de Touro. O ferido permaneceu consciente en todo momento.
Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención, ademais dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Arzúa, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Touro.
"Os Bombeiros traballaron para baixar ao home, que foran quen de saír ao exterior pero non debaixar de enriba do camión. A continuación, foi trasladado polos servizos sanitarios", indica o 112.
Comments