top of page

Rescatan a sete cachorros tirados en dous colectores en Lalín e Pontecesures

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Foron salvados polo persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais ( CAAN) da Deputación de Pontevedra, aínda que un deles faleceu ao chegar ao centro


Laura Moure/Lalín

Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais ( CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou nestes primeiros días do ano a dúas camadas de oito cachorros que foran lanzados a dous contedores en Lalín e Pontecesures. Un deles faleceu ao chegar ao centro e os outros sete, con apenas horas de vida no caso de Lalín e escasos días no caso dos de Pontecesures, están a recuperarse.


A primeira das camadas apareceu nunha caixa dentro dun contedor en Lalín o día 1 de xaneiro, na Rúa Principal. Tratábase de dúas femias, “Alicia” e “Ana”, e dous machos, “Leo” e “León”, quen faleceu polo seu delicado estado de saúde. Posteriormente, o día 12 de xaneiro, persoal do centro da Deputación rescatou outra camada, cunha femia, “Sala”, e tres machos, “ Yogui”, “Cibrán” e “ Xenaro”, tamén nun contedor, en Rúa Victor García de Pontecesures.

O aviso deuno unha muller que viu a un coche que paraba preto do lugar, tras escoitar un ruído achegouse ao contedor e viu aos cans. Os cachorros están a ser atendidos e, de seguir a evolución favorable, pasarán no centro polo menos tres meses ata completar as pautas de vacinación antes de saír en adopción.


Para visitar o centro ou formalizar unha adopción hai que solicitar cita previa no teléfono 986 140 360 ou no 886 217 391.

Bo número de adopcións

Cabe mencionar que 2021 foi o mellor ano da historia do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra. Se xa no 2020 se establecera un récord de adopcións, cun total de 583, no pasado ano foron 660 os animais que puideron atopar un novo fogar desde o centro, rompendo tamén, como subliñou a presidente do ente provincial, Carmela Silva, hai uns días, o reto que se tiña marcado de lograr: 600 adopcións.


Das 660 adopcións deste 2021, 1 foi en Portugal e o resto en España. A maioría foron en Galicia (574), seguida por Castela e León (54) e o resto repartíronse entre Madrid (13), Cataluña (5), País Vasco (5), Castela a Mancha (2), Asturias (2), Comunidade Valenciana (2), Estremadura (1) e Canarias (1). Das tramitadas en Galicia, 502 adopcións foron na provincia de Pontevedra, 36 na Coruña, 25 en Lugo e 11 en Ourense. O concello con máis adopcións foi Vigo (90), seguido de Pontevedra (52) e A Estrada (38), mentres que tamén destacaron Poio (26), Meis (25), Sanxenxo (24) ou Cambados (23).



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page