Rescatados tres mozos ao ser arrastrados pola corrente no río en Ponte Maceira, Ames
- ecosdacomarca
- 9 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Tres mozos tiveron que ser rescatados ao ser arrastrados pola corrente no río en Ponte Maceira, Ames, tal e como informa o 112 Galicia. Os tres, dúas rapazas e un rapaz, foron rescatados polos Bombeiros de Santa Comba que coa axuda dunha padiola, os recolleron un a un da rocha onde se refuxiaban mentres agardaba pola axuda, no medio do río á altura da Ponte, en Ponte Maceira, no concello de Ames.

Segundo informaron os Bombeiros, os rapaces navegaban nunha balsa ao longo do río, tras ser sorprendidos pola corrente, as dúas rapazas caeron da balsa e o rapaz tamén, ao tratar de axudar ás dúas mozas.
Publicidade
Unha persoa particular foi quen, sobre as cinco e media deste domingo, chamou ao 112 Galicia para indicar que había tres mozos subidos a unha pedra no medio do río, en Ponte Maceira. Aseguraba que un deles caera e que estaba ferido. Indicaba ademais que había moita corrente e que non conseguían saír da auga por si sos.
Os xestores do 112 pasaron aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, aos membros do GES de Brión e á Garda Civil, que nada mais chegar ao punto, os axentes confirmaron que os mozos estaban illados e que era preciso o seu rescate.
Publicidade
Finalmente, tras ser rescatados polos Bombeiros, os rapaces foron avaliados no mesmo lugar dos feitos polos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Commentaires