top of page

Reparto de premios da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda

A Paga Extra de Nadal de 1.000 euros que reparte o Concello de Silleda recaeu en Lita Peón


Laura Moure/Silleda

Este venres, despois da recepción das suas Maxestades os Reis Magos no pavillón César G. Fares de Silleda, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Silleda (ECOS) poñía o seu broche final á unha Campaña de Nadal que contou este ano cos xa tradicionais sorteos diarios do día 1 ao 24 de decembro mediante o seu Calendario de Advento, repartiu máis de 700 vales para disfrutar de Chocolate con Churros de balde nos dous Xoves de Churrecos, repartiu tamén máis de 20 Tarxetas Agasallo ECOS bonificadas e repartirá centos de Billetes ECOS de 20 Euros escondidos nos roscóns de Reis que elaboran os obradores de panadaría, confitaría e repostería asociados.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Nada máis e nada menos que 5.000 euros en premios foron repartidos este venres entre a xente que participou coas súas compras desde o día 1 de decembro e ata a tarde dese mesmo día xuntando tickets de compra en establecementos ECOS por un importe total acumulado mínimo de 100 euros.

O reparto dos premios despois do sorteo quedou do seguinte xeito:

  • Un VALE DE 750 EUROS para Carmen Conde

  • Un VALE DE 500 EUROS para Maricarmen Torres, que puido recollelo en directo por atoparse presente no sorteo

  • Un VALE DE 500 EUROS para Inés Doval

  • Un VALE DE 500 EUROS para Laura Espantoso

  • Un VALE DE 250 EUROS para Javier Regueiro

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
  • Un VALE DE 250 EUROS para Florentina Pandrea, que tamén puido recollelo en directo por estar presente no sorteo

  • Un VALE DE 250 EUROS para Deolinda

  • Un VALE DE 250 EUROS para Patricia González, que tamén o recolleu en directo

  • Un VALE DE 150 EUROS para Macarena Torres

  • Un VALE DE 150 EUROS para Aurora Castro Taboada

  • Un VALE DE 150 EUROS para Mary Tuñón Blanco

  • Un VALE DE 150 EUROS para Matías R. da Torre

  • Un VALE DE 150 EUROS para Edita Crespo


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Estes 4.000 euros en premios foron repartidos por ECOS e son vales para gastar no comercio local asociado. A eles sumouse a xa tradicional Paga Extra de Nadal de 1.000 euros que reparte o Concello de Silleda, e nesta ocasión o premio recaeu en Lita Peón. O premio puido recollelo a súa irmá en directo da man do alcalde Manuel Cuíña.

"Desde a directiva da asociación están satisfeitas coa gran participación da xente durante toda a campaña, que empezou xa o día 1 de decembro".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page