top of page

Renovadas todas as redes exteriores do campo de fútbol de Mularedos, en Lamela

A actuación, con máis de 6.000 euros de investimento, levouse a cabo a través dos remanentes das obras do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra


Ecos da Comarca/Silleda

O campo de fútbol de Mularedos, na parroquia silledense de Lamela, conta xa con novas redes en todo o perímetro exterior. A dotación deste novo material, substituíndo ás redes anteriores, foi adxudicada a José Raña, por un importe de 6.802 euros.

Este investimento levouse a cabo a través dos remanentes que lle corresponden ao Concello de Silleda do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, dentro da anualidade de 2023.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta nova dotación, o Concello de Silleda continúa apostando pola mellora nas infraestruturas deportivas. No caso de Mularedos, a dotación de novas redes (xa que as anteriores ademais do deterioro habitual foron derribadas en parte o pasado ano por un temporal), súmase nos últimos anos á estrea de banquillos e dotación dun pozo de auga, entre outros.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page