Ecos da Comarca/Palas de Rei
Rematan as obras na Rúa do Lavadoiro en Palas de Rei. Isto permitiu renovar as beirarrúas froito dun convenio coa Deputación de Lugo que aportou 24.561 euros mediante o Plan Único, así como, tamén o Concello de Palas, mediante fondos propios.
Ademais, procedeuse á substitución e renovación do sistema de iluminación, en virtude do cal, se incorporaron lámpadas de iluminación tipo led. O alcalde, Pablo Taboada, e o concelleiro de obras, Amando Sande, supervisaron o remate dos traballos.

ความคิดเห็น