Rematan os traballos de adecuación dos novos aparcamentos da Bandeira
- Laura Moure
- 6 dic 2024
- 3 Min. de lectura
Suspensión temporal do consumo de auga na fonte de Outeiro
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda finalizou os traballos de adecuación dos novos aparcadoiros na Bandeira, unha actuación clave para mellorar a mobilidade e reorganizar o espazo público neste núcleo urbano. Grazas aos convenios asinados con Urbanizacións do Deza e Antonio Domínguez García, xunto co solar cedido pola familia Pichel, logrouse dispoñer dunha ampla zona de estacionamento no corazón da Bandeira, beneficiando tanto á veciñanza como ao comercio e hostalería local ao garantir mais plazas de aparcamiento das que había antes da intervención integral de mellora do centro urbano da vila.
A reorganización do espazo inclúe a modificación do uso do solar cedido pola familia Pichel, inicialmente destinado a xardíns e un skate park, para convertelo en xardíns e aparcadoiro. Este cambio permitirá desconxestionar a avenida Ramón de Valenzuela, mellorando o tráfico nunha das rúas máis transitadas do núcleo urbano.

A futura ubicación do skate park farase noutro solar cedido ao concello,por Dona Carmen Soto Lareo, situado no ámbito da plaza, garantindo asi un acceso seguro para a mocidade que o utilice ao estar rodeado de vias de prioridade pernil.
Reorganización de colectores Rúa Ramon de Valenzuela e Rúa Louras
Os contenedores situados na Rúa Ramón de Valenzuela, nos seus primeiros tramos, tamen serán obxecto de modificación, recolocándose no propio aparcamiento de Pichel como nas calles peonís adxcentes, para así garantizar máis prazas de aparcamiento na propia via. “Este tramo ten un altísimo nivel de paso de camións, polo que debemos deixala o máis liberada posible de obstáculos que invisibilicen aos peóns” di aaAlcaldesa que incide en que ademáis así “se poderán xerar prazas para persoas con mobilidade reducida neste centro urbano”.
En paralelo, os colectores da rúa Lourás trasladáronse aos novos aparcadoiros próximos, liberando espazo nesta vía e dándolle máis orden ao espazo urbano.
Usos durante as feiras
Os novos aparcadoiros terán un uso limitado durante as feiras e mercados da Bandeira, xa que se atopan na área de celebración. Neses casos, estarán reservados para facilitar o acceso ás persoas visitantes do mercado.
Publicidade
Con estas actuacións, o Concello de Silleda avanza na transformación da Bandeira, despois de ter mellorado todo o entorno da praza e as rúas adxacentes cunha inversión de preto dun millón de euros, e para os que se teñen recibido 814.000 euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do programa DUS 5000 e algo máis de 119.000 euros de axuda da Deputación de Pontevedra.
A estas melloras súmanse as zonas de xogos que foron rehabilitadas e ampliadas con recursos municipais e da Deputación de Pontevedra, tras a demolición dunha vivenda existente na propia praza. “Este conxunto de intervencións garante mellores infraestruturas e un espazo urbano renovado e accesible para toda a cidadanía” di a alcaldesa, que onte visitou os traballos.
Fonte de Outeiro
Por outra banda, o Concello de Silleda informa que, durante ás revisións periódicas realizadas nas fontes de todo o Concello, detectáronse niveis irregulares nos parámetros de salubridade da auga da fonte de Outeiro. Por este motivo, e como medida preventiva para garantir a saúde pública, suspéndese temporalmente o consumo de auga desta fonte ata que se restablezan os parámetros adecuados de calidade.
Aconséllase á veciñanza que desexe recoller auga que utilicen a fonte de Siador, cuxa última analítica confirmou que a súa auga é apta para o consumo. "Dende o Concello estase a traballar para solucionar esta situación coa maior celeridade posible e informarase á cidadanía en canto a auga da fonte de Outeiro volva ser apta para o consumo. Agradécese a comprensión e colaboración de toda a veciñanza".
Comments