A vindeira semana adxudicarase a actuación de acondicionamento doutros viais no rural
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso remata as obras de mellora da Rúa Do Practicante Soengas Gontá aplicando aglomerado en quente de cinco centímetros, mellorando a sinalización e creando dúas prazas de aparcamento para discapacitados.
Na semana que vén adxudicaranse as primeiras obras de mellora de viais no rural en San Pedro de Frameán, Tarrío de Buxergos, do Fental a Arada e en Lourentín.

Mellora da Rúa do Practicante Soengas Gontá de Monterroso.
Comments