Rematan as obras de Bidouredo (Monterroso) ata o límite con Antas de Ulla
- ecosdacomarca

- 9 ene 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso remata as obras de mellora do camiño municipal do núcleo de Bidouredo ata o límite municipal de Antas de Ulla. A intervención foi financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024 e supuxo un investimento de 11.704 euros.

O obxecto do proxecto era o de dotar a este camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función que evitara a continua presenza das fochas que dificultaban a circulación con seguridade.
Publicidade
O alcalde, Eloy Pérez, visitou a zona onde se actuou acompañado polos concelleiros do equipo de Goberno.







Comentarios