top of page

Rematan as obras de asfaltado no polígono da Madanela de Melide

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os traballos leváronse a cabo por segundo ano consecutivo para asegurar o estado óptimo dunhas vías que soportan diariamente un importante volume de tráfico pesado


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide rematou as obras de mellora do asfaltado no polígono da Madanela, que incluíron actuacións en varias vías do espazo. O alcalde, José Manuel Pérez, e o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, José Prado, achegáronse ao lugar para coñeceren de primeira man o resultado dos traballos.

Tanto José Manuel Pérez como José Prado salientaron a boa calidade da obra e lembraron que este é o segundo ano consecutivo no que se mellora o asfaltado do polígono. Trátase, sinalaron, dunha intervención que procura mellorar as condicións de uso dun espazo fundamental para a economía local como é o polígono da Madanela.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Unha área que soporta diariamente un volume notable de tráfico pesado que pode erosionar visiblemente o asfaltado, motivo polo que o Concello concede especial importancia a estes labores de mantemento.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page