A actuación de mellora tivo un custe total de 62.959 euros
Ecos da Comarca/Melide
O Concello de Melide anunciou este mércores a finalización das obras de mellora nos accesos ás explotacións agropecuarias na parroquia de San Cibrao. As actuacións centráronse en reparar o deterioro destes accesos, fundamentalmente accesos a explotacións gandeiras, cuxo estado se vira afectado polo continuo paso de maquinaria agrogandeira e vehículos pesados, ademais de polas condicións meteorolóxicas.
Os traballos realizáronse na parroquia de San Cibrao, entre Cabanelas e Fonte Fuxín, que ten unha lonxitude de 2.390 metros. As obras formuláronse co obxectivo tanto de garantir a seguridade de tránsito como de mellorar o estado dos viais.
Os traballos foron adxudicados pola Xunta de Goberno local á empresa Construcciones
Leonardo Miguélez SL por un orzamento total de 62.959 euros, o que supuxo unha rebaixa de case 6.500 euros sobre o prezo de licitación. A actuación estivo subvencionada pola AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) dentro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcela agrícolas 2021-2022.
Comments