top of page

Rematan as obras da segunda fase de reurbanización da rúa Fraga do Rei en Arzúa

A intervención contou cun investimento de máis de 480.000 euros


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa vén de concluír a segunda fase das obras de reurbanización da rúa Fraga do Rei, unha intervención cun investimento de máis de 480.000 euros. Os traballos abrangueron un tramo de máis de 250 metros, desde a avenida de Lugo até a rúa Castelao, e dan continuidade á primeira fase realizada en 2019.

A actuación permitiu ampliar beirarrúas, ordenar as zonas de estacionamento e establecer un carril de sentido único. Tamén se renovou o pavimento, substituíronse as redes de saneamento e abastecemento de auga, canalizáronse as pluviais, plantáronse árbores e instalouse novo mobiliario urbano, colectores soterrados e sinalización horizontal e vertical.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A concelleira de Acción Urbana, Begoña Balado, subliñou que “é unha obra grande, que supuxo un esforzo importante tanto económico como de coordinación coa veciñanza. Grazas á súa comprensión puidemos executar unha intervención que mellora de maneira clara a accesibilidade, a seguridade viaria e a calidade de vida dos veciños e veciñas”.


Pola súa banda, o alcalde, Xoán Xesús Carril, destacou que “coa finalización desta segunda fase damos un paso máis no noso compromiso de modernizar as infraestruturas do noso concello. Fraga do Rei é unha das arterias principais do municipio e agora presenta unha imaxe renovada, acorde coas necesidades actuais da cidadanía”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello de Arzúa agradece de novo a colaboración da cidadanía durante os meses que duraron as obras e anima a facer uso deste espazo urbano renovado, pensado para un tránsito máis seguro, ordenado e accesible.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page