top of page

Rematan as clases de galego e español para persoas migrantes do municipio de Silleda

A Escola Municipal de Patinaxe pecha o curso o venres 27 ca que será a vixésimo primeira Exhibición


Laura Moure/Silleda

Esta semana remataron, coincidindo co final do curso escolar, as clases de galego e castelán para persoas migrantes en Silleda. A alcaldesa, Paula Fernández e a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, agradeceron a asistencia das persoas participantes no Programa Anduriña, un curso de alfabetización e integración cultural para a poboación migrante empadroada no Concello de Silleda. Ademais das sesións para as persoas adultas tamén se impartiron clases de galego para menores en coordinación cos centros educativos.

Como novidade, nesta edición participaron tamén na impartición das clases, persoas adscritas ao Plan Municipal de Voluntariado do Concello de silleda.


As clases de español e galego realizáronse na Casa da Xuventude os luns e martes en horario de mañá, participando entre ambos grupos case 40 persoas. A intención é que este programa municipal se retome despois do verán, favorecendo a integración das persoas inmigrantes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, o vindeiro venres 27 terá lugar no pavillón municipal de Deportes César G. Fares de Silleda a xa tradicional exhibición de fin de curso da Escola de Patinaxe de Silleda, na que participarán preto de 120 alumnas e alumnos.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A cita comezará ás 21.00 horas e contará con actuacións individuais e outras de grupo. A Escola de Patinaxe de Silleda é unha das máis numerosas e veteranas do municipio. Centos de persoas veñen acudindo a esta celebración das escolas, que este ano cumpre a súa vixésimo primeira edición , con clases impartidas polas silledenses Belén Miguez e Lucía Pérez.


Na sesión, ademais do Concello de Silleda, colabora tamén a Fundación Semana Verde de Galicia.


Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page