top of page

Remata o prazo de alegacións ao anteproxecto da ampliación da III fase do parque empresarial palense

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Houbo dúas e serán resoltadas nun mes para que despois continúe o trámite de execución que contará cunha vintena de parcelas


Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei informa que xa rematou o prazo de alegacións ao anteproxecto correspondente a Ampliación da III Fase de ampliación do Parque Empresarial de Palas de Rei. "Concluído dito período, tivo lugar a presentación de dúas alegacións, que afectan a disposición das parcelas; das cales, unha delas foi presentada polo propio Concello e outra por un particular. Unha vez resoltas ditas alegacións no prazo dun mes, continuará o trámite e execución desta terceira fase do parque empresarial palense", indica o Concello.

O alcalde, Pablo Taboada, “agarda poder contar, canto antes, con máis solo industrial” dado que, a día de hoxe, atópase completada a totalidade da primeira fase (onde están construídas todas as parcelas); en construcción a segunda fase do parque empresarial (adquirida na súa totalidade polo grupo empresarial Jim Sports para ampliar as súas naves) e en trámites administrativos esta terceira fase do parque (onde se está a rematar a exposición pública do proxecto)".


Neste eido, o rexedor palense destaca que “practicamente estaría xa esgotada a ocupación desta terceira fase do parque empresarial, dado que foron varias, as empresas que amosaron o seu interés firme e incluso con solicitudes formais para adquirir algunha das 20 parcelas das que dispón esta terceira fase". A súa vez, destacou, tamén, o feito de que o Concello fora declarado Concello Emprendedor a comenzos do ano 2021 o que conleva importantísimas rebaixas e bonificacións fiscais, así como, unha maior simplificación administrativa, para as empresas que se asenten nel.

Na actualidade, o parque empresarial de Palas de Rei conta con importantes empresas como o Grupo Jim Sports (con máis de 150 empregados) e outras como o Grupo García Baquero, Talleres Santaballa, o Grupo Mourenza e Pardo, entre outras que mudaron o perfil empresarial do municipio e supuxeron un importante revulsivo económico para o Concello de Palas de Rei , para a comarca e para os concellos da zona.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page